Que é Cambre 2020?

 

Ten como obxectivo definir unha estratexia de cidade de desenvolvemento urbano sostible para Cambre durante o período 2016-2020, a través dun proceso de participación cidadá, que aspira a facilitar a acción urbanística, económica, medioambiental, cultural, social e de gobernanza da cidade. Para iso, partirase dun diagnóstico do territorio que permita configurar a organización e a estrutura deste, no que se identifiquen aspectos tales como os sistemas de espazos libres, os de necesaria protección ou preservación, o sistema de transportes, as redes de infraestruturas, os equipamentos e dotacións, as operacións estratéxicas, as zonas de desenvolvemento etc. Cambre 2020 xorde, pois, como un instrumento que sirva para actuar sobre novos obxectivos, coa vontade de resolver os problemas existentes e impedir que xurdan outros novos, ofrecendo propostas alternativas para conseguir unha cidade mellor.

A metodoloxía con que ten afrontará para o seu desenvolvemento, partirá de integrar nela os programas e as experiencias realizados, que propicien, dunha parte, a adaptación ás necesidades territoriais e socioeconómicas da cidade e as súas tendencias de desenvolvemento a curto e medio prazo, e, doutra, un primordial proceso de concertación entre as distintas administracións concorrentes sobre o territorio e entre as devanditas administracións e os axentes económicos e sociais que operan sobre eles.

LOGOS-2