Cambre 2020 ten como obxectivo definir unha estratexia de cidade de desenvolvemento urbano sostible para o período 2016-2020, a través dun proceso de participación cidadá, que aspira a facilitar a acción urbanística, económica, medioambiental, cultural, social e de gobernanza da cidade.


Unha estratexia de desenvolvemento urbano sostible é un modelo de crecemento de cidade que se basea en integrar os elementos económicos, sociais, físicos e medioambientais que compoñen a cidade.
unha oportunidade única
Que farías para mellorar o desenvolvemento local do teu territorio?
Nota:
o sistema só permite realizar a votación unha soa vez. De todos os xeitos, entendemos que, a medida que se vaian sumando iniciativas, pode ser que desexes facernos chegar a túa opinión. Invitámoste a que nolas fagas chegar a través do correo electrónico info@cambre2020.com co asunto “A miña nova opinión” indicando a proposta escollida.